Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior 5-3 da unidade de intervención número 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Lugo, dentro do ámbito do Plan especial de protección e reforma interior.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24.9.2015, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior 5-3 da unidade de intervención número 6 (UI-6) do PXOM de Lugo con ordenación detallada, dentro do ámbito territorial do Plan especial de protección e reforma interior do recinto histórico de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), redactado polo arquitecto Manuel Urbano Barrio y Moure, e iso en execución da Sentenza do TSXG do 23.10.2003, ditada no recurso contencioso-administrativo número 02/0005296/1997.

O acordo de aprobación definitiva do dito PERI foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 3.11.2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 4 de novembro de 2015

P.D. (Decreto Alcaldía 15005366)
Xosé Daniel Piñeiro Villares José Antonio Carro Asorey
Tenente alcalde delegado da Secretario xeral do Pleno
Área de Desenvolvemento
Sostible e Persoal