Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44658

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-30/2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-30/2015.

2. Obxecto do contrato: contratación, por lotes, do servizo de telefonía fixa en edificios municipais (lote 1) e telefonía móbil (lote 2). Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 300.000 € e lote 2: 85.000 € (anuais, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: lote 1: grupo V, subgrupo 3, categoría c; lote 2: grupo V, subgrupo 5, categoría c.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 9 de decembro de 2015. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de novembro de 2015

P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración