Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO do concurso-oposición para o posto de coidador de instalacións deportivas.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2015, convócase concurso-oposición para poder seleccionar a persoa que será contratada na modalidade de contrato de interinidade, para desempeñar as funcións de coidador de instalacións deportivas, previstas na base 1ª das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.

O período de duración do contrato comprenderá ata que se produza a provisión definitiva da dita praza, que quedou vacante pola xubilación do traballador que a viña ocupando.

A retribución bruta anual será de 16.337,30 euros, por todos os conceptos salariais (1.166,95 euros de salario mensual, máis dúas pagas extraordinarias polo mesmo importe).

As bases que rexen a convocatoria están nas oficinas municipais á disposición dos interesados.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, debendo achegar a seguinte documentación: DNI ou equivalente, certificado de estudos primarios ou equivalente, permiso de conducir de clase B e xustificante dos méritos alegados.

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da casa do concello.

Arzúa, 13 de novembro de 2015

José Luis García López
Alcalde