Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, documentalmente simplificada e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de cátering na escola infantil da praza da Estrela en Vigo.

A Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, de conformidade co establecido na Resolución do 17 de xullo de 2015 (DOG núm. 140, do 27 de xullo), pola que se delega o exercicio de determinadas facultades nas persoas titulares das xefaturas territoriais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36201.

4º. Teléfono: 986 81 77 25.

5º. Fax: 986 81 76 83.

6º. Correo electrónico: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.es

7º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 86/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: cátering na escola infantil da praza da Estrela de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: praza da Estrela, s/n.

2º. Localidade e código postal: Vigo (Pontevedra) 36201.

e) Prazo de execución: 24 meses (do 1 de xaneiro de 2016 e ata o 31 de decembro de 2017).

f) Admisión de prórroga: si, por período de igual duración.

g) CPA: 56.21.19. CPV: 555231000-3 servizos de comida para escolas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 132.290,60 €.

5. Orzamento base de licitación: 66.145,30 € (IVE 10 %: 6.614,53 €). Total: 72.759,83 €.

6. Garantías exixidas: provisional non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as establecidas nos artigos 75.1.a) e 78.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, respectivamente.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao desta publicación.

b) Modalidade de presentación: sobres pechados e selados, segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), aberto de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión, xustificando a data e a hora da admisión do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das propostas.

9. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e na data que será anunciada con tres días de antelación no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8-2º andar, 36201 Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 19 de novembro de 2015

P.D. (Resolución 17.7.2015; DOG nº 140, do 27 de xullo;
corrección de erros DOG nº 178, do 17 de setembro)
María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo da Consellería de Política Social