Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Valdeorras

EDICTO de convocatoria para a elección de xuíz de paz deste concello.

En cumprimento do previsto no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste concello de Carballeda de Valdeorras, conforme as seguintes bases:

Primeira. Solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes mediante instancia que se presentará no Rexistro Xeral deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de quince días (15) hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia; o prazo contarase a partir da última publicación.

Coa solicitude, na cal se fará constar que se reúnen as condicións establecidas na base segunda desta convocatoria para o desempeño do cargo de xuíz de paz, presentaranse os seguintes documentos:

A. Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

B. Certificación expedida polo Rexistro Xeral de Penados e Rebeldes, xunto con declaración complementaria na cal se faga referencia ao artigo 2 de Lei 68/1980, no seu punto 1.a), referente a se se encontra inculpado ou procesado.

C. Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Segunda. Condicións legais que teñen que reunir os solicitantes

Ser español, maior de idade e non ter a idade de xubilación na carreira xudicial, non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, coa excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica do poder xudicial operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a función xudicial; estar condenado por delito doloso en canto non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delito doloso en canto non se obteña a absolución ou se dite auto de sobresemento, e non estar no pleno exercicio dos dereitos civís (artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial).

Carballeda de Valdeorras, 3 de novembro de 2015

Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa