Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de novembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión contra a resolución ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/71-0, devolta polo órgano notificador por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de outubro de 2015, resolución pola que se declara a inadmisión a trámite do recurso extraordinario de revisión presentado por Amalia Sierra Sotelo e José Luis Novoa Domínguez contra a Resolución do 13 de maio de 2014, que daba traslado ao alcalde do Concello de Vilamartín de Valdeorras das actuaciós realizadas, en relación coas obras de construción de dúas vivendas, no lugar de Valdegodos, no concello de Vilamartín de Valdeorras, para que adoptase todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo III do título VI da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística