Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de novembro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/71/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de outubro de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/71/2014-RP1, en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural sen a preceptiva licenza urbanística, consistentes na construción dunha edificación auxiliar na rúa Campos, nº 10, no lugar de San Amaro, parroquia de Beariz, no termo municipal de San Amaro, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Cristina Nogueiro Domínguez, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística