Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación As Pedreiras, SAT nº 570 XUGA, na asemblea xeral do 16 de setembro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: José Vidal Varela, presidente; Antonio Agruña Fernández, secretario, e Óscar Francisco Freire Arias, vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Cortiñas Insua Villalba, SAT nº 1178 XUGA, na asemblea xeral do 8 de setembro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Anular a acta da asemblea xeral do 10 de agosto de 2015.

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Sergio Cortiñas Insua, presidente; Jesús Antonio Cortiñas Insua, secretario; Inés Naseiro Iglesias e María Ángeles Requeijo Pico, vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Do Brexeo, SAT nº 826 XUGA, na asemblea xeral do 22 de agosto de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación do artigo 1 do Estatuto, que queda redactado da seguinte forma: «Obxecto social: produción gandeira, fabricación e venda de produtos lácteos e derivados».

2. Renovar totalmente os cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Ángel López Fidalgo, presidente; Ángel Martínez Figaldo, secretario, e Manuel Cotos Fernández, vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Lurigados, SAT nº 978 XUGA, na asemblea xeral do 1 de setembro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio falecido José Lurigados Gesto, que transmite 111 títulos da sociedade ao seu único herdeiro Álvaro Lurigados Rojo, e socio da SAT.

2. Aprobar a ampliación do capital social dos socios: Genoveva Rojo Rodríguez, que achega á sociedade 601,02 € correspondentes a un título, María José Veiga Cuesta aporta 601,02 € en efectivo correspondentes a un título e 110 títulos, cun valor de 66.112,20 €, que lle son cedidos polo seu marido Álvaro Lurigados Rojo.

Como consecuencia da baixa dun socio e a ampliación do capital social, este queda distribuído da seguinte forma:

Genoveva Rojo Rodríguez

112 títulos

67.314,24 € de capital social

Álvaro Lurigados Rojo

112 títulos

67.314,24 € de capital social

María José Veiga Cuesta

112 títulos

67.314,24 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto social, que queda redactado da forma seguinte «O capital social cífrase 201.942,72 € e estará representado por 336 títulos nominativos de 601,02 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora está formada por tres membros elixidos por un período de catro anos, e a renovación parcial será cada dous anos.

5. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que está integrada por: Álvaro Lurigados Rojo, presidente; María José Veiga Cuesta, secretaria, e María Genoveva Rojo Rodríguez, vogal.

e) A sociedade agraria de transformación San Xorxe, SAT nº 1276 XUGA, na acta da asemblea do 12 de outubro de 2015 toma os seguintes acordos:

1. Renovación total da Xunta Reitora, que está integrada por: Victoriano Blanco Paredes, presidente; Ana Belén Freire Rouco, secretaria; Carlos Pérez Mendoza, Consuelo Viña Salgueiros, Ángel Pérez Expósito, Áurea Rouco Vázquez e María Mendoza Mato, vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Ganadería Rivas e Carro, SAT nº 1310 XUGA, na acta da asemblea do 20 de marzo de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados na acta da asemblea do 1 de xuño de 2012 por erros nos importes do capital social.

2. Rectificación dos importes das achegas á sociedade polos socios Víctor Manuel Rivas Carro e Óscar Rivas Carro, polo que o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Víctor Manuel Rivas Carro

53 títulos

25.440,00 € de capital social

Óscar Rivas Carro

53 títulos

25.440,00 € de capital social

Jesús Rafael Rivas Rodríguez

100 títulos

48.000,00 € de capital social

María Josefa Carro Mosquera

100 títulos

48.000,00 € de capital social

Na acta da asemblea do 20 de outubro de 2015 toman o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos tomados na asemblea xeral extraordinaria do 15 de xaneiro de 2015, na que se aproba a renovación da Xunta Reitora, que está formada por: Jesús Rafael Rivas Rodríguez; presidente; María Josefa Carro Mosquera, secretaria; Víctor Manuel Rivas Carro e Óscar Rivas Carro, vogais.

g) A sociedade agraria de transformación Ganadería Rodríguez, SAT nº 952 XUGA, na asemblea xeral do 14 de outubro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Ratificar os acordos tomados na asemblea xeral extraordinaria do 8 de xaneiro de 2015 na que se aproba a renovación da Xunta Reitora, que está integrada por: José Antonio Rodríguez Marzoa, presidente; Elena Paz del Río, secretaria; María Marzoa Otero, María José Rodríguez Marzoa, Rafael Rodríguez Manteiga e Sonia Marzoa Paz, vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Ganadería Facal, SAT nº 1123 XUGA, na asemblea xeral do 15 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Ratificar os acordos tomados na asemblea xeral extraordinaria do 12 de xaneiro de 2015 na que se aproba a renovación da Xunta Reitora, que está integrada por: Manuel Ferreiro Facal, presidente; Carmen Facal Rodríguez, secretaria, e Francisco Ferreiro Manaña, vogal.

i) A sociedade agraria de transformación Casa do Pintor, SAT nº 644 XUGA, na asemblea xeral do 16 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a Xunta Reitora por vencemento dos cargos, que está integrada por: José Antonio López Varela, presidente; Marina Varela Rodríguez, secretaria, e José López López, vogal.

j) A sociedade agraria de transformación Santa Eulalia, SAT nº 1100 XUGA, na asemblea xeral do 21 de outubro de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a Xunta Reitora, que está integrada por: Olimpio Montoto Penela, presidente; Miriam Montoto Barros, secretaria, e Isabel Barros Otero, vogal.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias