Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra (expediente 2/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de doce (12) meses desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan como máximo doce (12) meses.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na alínea N do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 40.500,00 €. IVE (21 %): 8.505,00 €. Importe total: 49.005,00 €.

Valor estimado: 81.000 € (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 1, está exento de presentar solvencias (alínea H da folla de especificacións).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo frontal dereito de San Caetano, nº 3, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 93 88/981 54 57 37 (consultas administrativas), 981 54 57 87 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23637

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público,as 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural