Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a carta de pagamento de procedemento sancionador en materia de minaría (expediente IN635C 2013/43-4).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non fose posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, constando como descoñecido, notifícase por anuncio no Boletín Oficial del Estado a interesada que consta no anexo.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, para o coñecemento íntegro da mencionada carta de pagamento e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida, e deberase efectuar o pagamento en período voluntario nos seguintes prazos:

a) Se a publicación no BOE se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a publicación no BOE se realiza entre os días 16 e último de cada mes, ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores, exixiranse en vía de constrinximento.

Pontevedra, 12 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2013/43-4.

Sancionada: Minas del Condado, S.L.

Acto notificado: carta de pagamento.