Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de novembro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 8 de outubro de 2015 ditada no expediente sancionador LU-18/2015, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á interesada que a seguir se relaciona, a resolución da Xefatura da Área Provincial de Turismo de Lugo ditada no expediente sancionador en materia de turismo LU-18/2015, incoado á titular do establecemento de café-bar denominado Taberna Viveiro, situado na praza de Lugo, nº 6, do concello de Viveiro (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada, ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme.

Lugo, 9 de novembro de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-18/2015.

Denunciada: Lourdes Margot Coitinho.

Establecemento: Café Bar Taberna Viveiro

Enderezo: praza de Lugo, 6. Localidade: Viveiro.

Feito denunciado: non comunicar á Administración turística o cambio de titularidade e de denominación do establecemento.

Precepto infrinxido: artigo 35, alínea b) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011.

Resolución: 8 de outubro de 2015.

Sanción: apercibimento.