Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións e se aproba o proxecto de execución da primeira fase do parque eólico Monte Arca, de 9 MW, no concello da Estrada (Pontevedra), promovido pola sociedade Vento Continuo Galego, S.L. (expediente IN661A 2011/9-4).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Vento Continuo Galego, S.L. (en diante, promotor) en relación coa autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico Monte Arca (en diante, parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 24 MW.

Segundo. O 17.6.2011 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. Por Resolución do 17 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución e o estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico, no concello da Estrada.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 21 de setembro de 2012, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 29 de agosto e no xornal La Voz de Galicia do 24 de agosto. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial de Pontevedra e no concello afectado (A Estrada).

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. O 3.9.2012 Manrique García Constenla presenta escrito alegando que é propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

2. O 4.9.2012 María Portas Paradela presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

3. O 10.9.2012 Manuela López Sanmartín presenta escrito alegando ser propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

4. O 12.9.2012 Jesús Rey García presenta escrito alegando ser propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

5. O 14.9.2012 María López Sanmartín presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

6. O 26.9.2012 Elisa López Fontenla presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

7. O 28.9.2012 Manuela Rey Pena presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

8. O 1.10.2012 María Teresa Amboage Fernández e José Iglesias Fontenla presentaron cadanseu escrito en que manifestan ser propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

9. O 2.10.2012 Manuel Iglesias Fontenla e Manuela López Pena presentan cadanseu escrito alegando seren propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

10. O 4.10.2012 Nélida Campos Porta presentou escrito en que alega que é a propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

11. O 8.10.2012 Adelina Caramés Rivas, Ramiro González Rodríguez, Élida Rodríguez Fontenla, Manuela Rodríguez Suárez e Manuel Verdura Pena presentan cadanseu escrito, alegando seren propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA. Ademais, Ramiro González e Élida Rodríguez solicitan que non se lle conceda á empresa a declaración de utilidade pública posto que non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia.

12. O 9.10.2012 Manuel Antonio Rodríguez Barreiro presentou escrito en que alega que é o propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

13. O 15.10.2012 María Soledad García Rey, presentou un escrito alegando que é a propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA. Ademais, solicita que non se lle conceda á empresa a declaración de utilidade pública posto que non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009.

14. O 17.10.2012 José Luis Cumbrao Villamarín, Mª Dolores Fontenla Porto, Elvira Fontenla Rodríguez, Carolina Ruzo Rodríguez e Gumersindo Ruzo Rodríguez presentaron cadanseu escrito alegando seren propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

15. O 18.10.2012 José Ral Caramés Novoa, Manuela Mesejo Pena, Mª del Carmen Pena Pena, José Jesús Pichel Costa, Antonio Piñeiro Parafita, José Piñeiro Parafita, Manuel Piñeiro Parafita, María Isabel Rosende Amboage presentan cadanseu escrito manifestando ser propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

Coa mesma data, a Sociedade Galega de Historia Natural presentou escrito en que solicita o seguinte:

– Que, ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei, nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000.

– Que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva Aves, nos Libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona.

– Que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.

– Que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

16. O 19.10.2012 Manuel Caramés Vicente e Mª Josefa Rosa Caramés Vicente presentan cadanseu escrito alegando seren propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

17. O 22.10.2012 Mónica Dacuña Rodríguez, Genaro Pereira Eirín, Mª Lidia Pereira Eirín, Mª Teresa Pereira Eirín e José Vicente Vicente presentaron cadanseu escrito alegando seren propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA. Ademais Genaro, Lidia e Teresa Pereira Eirín solicitan que non se conceda á empresa a declaración de utilidade pública posto que non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009.

18. O 23.10.2012 Isaura Villar Castro presentou escrito en que alega ser a propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

19. O 24.10.2012 Carmen Ulla Bergueiro presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA. Ademais solicita que non se conceda á empresa a declaración de utilidade pública por canto non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009.

20. O 25.10.2012 Anuncia Raquel Souto Tapia presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA. Ademais solicitan que non se conceda á empresa a declaración de utilidade pública por canto non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009.

Coa mesma data, Xavier Simón Fernández, en representación do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, presenta escrito alegando o seguinte:

• O marco regulador eólico dificulta a obtención de rendas para os propietarios de terreos eólicos.

• Non está xustificada a necesidade do inicio dun proceso de utilidade pública posto que se incumpre o artigo 44 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, o cal exixe que a empresa xustifique os motivos por que non foi posible acadar os acordos que eviten a expropiación.

• Falta de transparencia por parte da administración competente, posto que moitas das persoas afectadas tiveron coñecemento do proxecto mediante notificación individual. O período de información pública e o complexo da documentación exposta non favorecen a súa análise por parte das persoas afectadas. Consideran positivo que se puidese acceder ao expediente vía web.

• Resultaría conveniente realizar o trámite de aceptación social do proxecto, que resulta imprescindible de acordo co establecido no Convenio de Aarhus o 25 de xuño de 1998, ratificado por España o 15 de decembro de 2004.

• Finalmente solicitan que se tomen as medidas oportunas para cumprir co marco regulador da enerxía eólica en Galicia no que se refire á declaración de utilidade pública, que se se utilicen todos os recursos á disposición da Administración para que as persoas afectadas polos parques eólicos poidan maximizar as rendas derivadas desta actividade, que se poña en marcha o proceso de aceptación social para todas estas instalacións e que sexan consideradas parte interesada para futuras notificacións, información e audiencia.

21. O 26.10.2012 presentaron cadansúa alegación as seguintes persoas: Manuel Brea Porto, Luis Antonio Campos López, Jesús Plácido de Castro Filloy, Jesus Plácido de Castro Puente, Mª Carmen Constenla Porto, Manuel Cortés Corbacho, Mª Nieves Cortés Corbacho, Elia Coto Ameijeiras, Eduardo Coto Villalibre, Alfonso Chao Castro, Manuela Eirín Castro, Lidia Eirín Nogueira, José Manuel Ferrín Salgueiro, Manuela García Fontenla, Maria Dolores García Pena, Manuela García Puente, Mª Inés Iglesias Louzao, Basilio López Fontenla, Mª Dolores López Goldar, Emilio López Torres, Filomena López Ulla, Isabel Lorenzo Martínez, Mª Jesus Louzao Amboage, Josefina Martínez Méndez, María Dolores Martínez Nodar, Juan Miranda Rodríguez, Mª Carmen Neira Pena, Argentina Luz Novoa López, Manuel Pena Neira, Sabina Pena Neira, Carmen Pena Rodríguez, Manuel Pena Terceiro, Jesús José Pena Torres, Maria del Carmen Picáns Puente, Severino Francisco Porto Gómez, Juventina Puente Goldar, Dolores del Pilar Puente Moreira, Julia Puente Moreira, Mª Carmen Rego Fontenla, Jesús Alfonso Rivas Cumbrao, Maria Esther Rivas Fontenla, José Rodríguez Fondevila, José María Rodríguez Pereira, Juana María Rodríguez Pereira, Pablo Rodríguez Picallo, José Manuel Rodríguez Puente, Mª Carmen Silva Filloy, Alfonso Souto Eirín, Laura Ulla Fernández, Manuel Ulla Fernández, Manuel Valcárcel Rey, Maria Matilde Valcárcel Rey, José Vázquez Durán, Manuela Vecino Porto, Mª Mercedes Vecino Porto, Dorentina Vicente Álvarez, Margarita Vicente Picáns, Ernestina Vilar Maceiras, María Rosario Vilas Marzoa e José Vilas Valiñas. Todos eles manifestan ser propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA e solicitan que non se conceda á empresa a declaración de utilidade pública por canto non se cumpre o artigo 44 da Lei 8/2009.

Coa mesma data a Sociedade Cooperativa Galega Monte Cabalar presenta escrito alegando as seguintes cuestións:

• Non está xustificada a necesidade dun proceso de utilidade pública, posto que se incumpre o artigo 44 da Lei 8/2009, o cal exixe que a empresa xustifique os motivos por que non foi posible acadar os acordos que eviten a expropiación.

• Contradicións na resolución relativa á RBDA, posto que, por un lado, se indica que a relación de bens e dereitos afectados figura no anexo da dita resolución e, por outro, que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante. Manifestan que a listaxe publicada é a de todos os afectados, non existindo acordos cos propietarios por canto a empresa non os identificou e non estableceu contacto con eles.

• Ausencia dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, cando a incidencia do parque eólico Monte Arca transcende claramente o ámbito municipal e, por tanto, resulta aplicable o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

• Necesidade de realizar cambios na superficie afectada polo proxecto, posto que é necesario incluír dentro da superficie afectada toda aquela que vai ter un cambio de cualificación coa consideración de solo rústico de protección de infraestruturas.

• Debe terse en conta o lucro cesante como consecuencia do cambio de cualificación urbanística dos terreos afectados, o que imposibilitará a realización dalgunhas actividades que até o momento eran posibles neses terreos, como é a súa inscrición no rexistro de produción ecolóxica do Craega.

• O parque eólico incidirá de forma negativa sobre o valor de mercado do solo, principalmente para os terreos clasificados como solo rústico en contraposición cos clasificados como solo rústico de protección de infraestruturas. Este impacto negativo non se ten en conta na información exposta ao público.

• Cómpre ter en conta a posible perda de subvencións forestais e agrarias debido ao proxecto eólico, o que sería de grande relevancia para a explotación Monte Cabalar. Deben ser reflectidas no proxecto, co correspondente lucro cesante que deberá ser retribuído pola promotora eólica á dita cooperativa.

• Falta de información e contradicións nas distancias entre os aeroxeradores e os núcleos de poboación.

• Falta de análise das posibles afeccións á veciñanza en relación co efecto discoteca, xerado pola sombra das pas ao recibir a luz do sol, coa contaminación lumínica, derivada do balizamento dos aeroxeradores, e coa contaminación electromagnética. Así mesmo, existen deficiencias nas análises dos posibles impactos derivados da contaminación acústica. Tampouco se realiza unha identificación dos posibles efectos a longo prazo sobre a saúde da poboación.

• Falta de análise dos impactos nas explotacións gandeiras e agrarias en relación co perigo de contaminación por fugas de aceites minerais, accidentes relacionados con raios durante as tormentas, molestias sobre o gando como consecuencia do ruído xerado polos aeroxeradores, en especial en condicións de vento favorables ou días de neboeiro. Este mesmo ruído tamén dificultará a localización do gando, diminuíndo a eficacia das chocas e campás empregadas para este fin.

A presenza dos aeroxeradores, co seu impacto paisaxístico e ambiental, condicionará en gran medida o importante uso social que se recuperou nesta zona nos últimos anos, afectará negativamente a imaxe comercial da cooperativa e contradirá a certificación de ecolóxicos dos seus produtos, mesmo co risco de chegar a perdela. Prexudicará tamén outros proxectos de carácter ambiental e de actividades de tempo libre que a cooperativa vai desenvolver.

Así mesmo, para a fase de obras do parque eólico non se teñen en conta os efectos prexudiciais derivados do desmantelamento de peches interiores e cancelas sobre o manexo do gando, nin o perigo de accidentes para os animais debido á apertura de foxos, pozos e gabias, ao intenso tráfico e á destrución de pastos e camiños, coa posibilidade de que o gando escape da explotación.

• Non se realizou a análise dos impactos acumulativos e sinérxicos con outros proxectos da mesma natureza existentes na zona.

• Na documentación exposta ao público non existe información sobre a superficie de ocupación de gabias e vías.

• Incumprimento do Decreto 442/1990, en relación coa extensión do documento de síntese que excede o establecido no dito decreto.

• O estudo de impacto ambiental non conta cun traballo de campo rigoroso, de xeito que coa información facilitada resulta difícil poder coñecer os posibles impactos no medio. Esta carencia invalida todo o estudo ambiental.

• Non se atopa no estudo de impacto ambiental o anexo en que se especifique como se tivo en conta o resultado das consultas realizadas, requirido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

• Non se facilitou o acceso a información por parte da Administración competente. O período de exposición pública e a complexidade da documentación, que se puxo á disposición do público de forma desorganizada e fragmentada, non favoreceron a súa análise por parte das persoas afectadas. Solicitan que se alongue o período de exposición pública e que se facilite a consulta da documentación de xeito electrónico e gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia.

• É pertinente realizar o trámite de aceptación social do proxecto de acordo co establecido no Convenio de Aarhus o 25 de xuño de 1998, ratificado por España o 15 de decembro de 2004.

• Non se realiza unha análise dos posibles impactos sobre actividades turísticas no concello, sendo precisa a súa realización e o deseño de medidas correctoras que sirvan para paliar os ditos impactos.

• Incumprimento das consideracións utilizadas para a elección do emprazamento dos aeroxeradores.

• Erros en distintos documentos do proxecto.

• O estudo de impacto ambiental non ten en conta os posibles impactos da revexetación nos hábitats comunitarios.

• Finalmente, a Sociedade Cooperativa Monte Cabalar solicita que se tomen en conta todas estas alegacións e ser considerada parte interesada para os efectos de futuras notificacións, información e audiencia.

22. O 29.10.2012 Jesús Canabal Monteagudo presenta escrito alegando ser propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

23. O 30.10.2012 Francisco Javier Espiño García e Dolores Pego Brea presentan cadanseu escrito alegando ser propietarios de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

24. O 5.11.2012 Manuela Dorintina Rivas Ruzo presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

25. O 9.11.2012 José Antonio Rey Valiñas presenta escrito solicitando información sobre unha serie de terreos por se resultaren afectados polo proxecto eólico.

26. O 27.11.2012 Dorinda Iglesias Vilar presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

27. O 30.11.2012 o Concello da Estrada presenta escrito alegando ser propietario de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

28. O 3.12.2012 María del Carmen Rodríguez Ulla presenta escrito alegando ser propietaria de terreos que figuran como de titularidade descoñecida na RBDA.

Cuarto. O 19.8.2011 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra informou sobre os dereitos mineiros dentro da área de afección do parque eólico.

Quinto. O 6.8.2012 Retevisión I, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lles comunique calquera modificación do proxecto para avaliar as posibles afeccións.

O 30.11.2012, en resposta ao dito condicionado, o promotor presentou un escrito en que manifesta que, no caso de que se varíen, por calquera motivo, as coordenadas dos aeroxeradores, procederán a informar ao dito organismo.

Sexto. O 10.8.2012 Retegal, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, establecendo que o promotor se comprometerá á realización dunha campaña de medidas de cobertura nas localidades do contorno e, se se detectar perda ou degradación, proporcionará os medios necesarios ou acometerá algunha actuación de extensión da cobertura que permita o restablecemento da calidade e a correcta recepción dos sinais de TDT.

En resposta a este condicionado, o promotor, con data do 30.11.2012, manifestou que o seu obxectivo é que non se produzan alteracións significativas que poidan alterar o sinal recibido nas localidades do contorno e que, no caso de seren indispensables, determinarán xunto con Retegal o alcance das medicións necesarias para determinar a potencial influencia do proxecto eólico sobre o contorno, unha vez construído.

Sétimo. O 4.9.2012 o Concello da Estrada emitiu informe técnico sobre a separata do proxecto do parque eólico que recollía diversas consideracións de carácter técnico, urbanístico e ambiental.

O 30.11.2012 o promotor presentou un escrito en que manifesta que o proxecto do parque eólico recolle a maioría dos puntos indicados no informe do Concello e que, en calquera caso, é obxectivo da empresa minimizar o impacto que poida producir a implantación do parque eólico, polo que recollen todas as consideracións efectuadas polo Concello, que serán plenamente atendidas no proceso de construción.

Oitavo. O 18.10.2012 Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado manifestando que, pola súa previsible escasa incidencia, pódese informar de xeito favorable, coa condición de que no momento de solicitar a regulamentaria autorización desa administración hidráulica se faga a definición polo miúdo dos diferentes elementos que afecten o dominio público hidráulico ou se atopen na zona de policía de leitos fluviais.

O 30.11.2012 o promotor presentou un escrito en que manifesta que as consideracións efectuadas por Augas de Galicia son moi similares ás efectuadas polo mesmo organismo dentro do trámite ambiental. Por tanto, entenden que están contestadas co informe que o promotor presentou en resposta a estas últimas.

Noveno. O 5.10.2012 a Xefatura Territorial de Pontevedra, en vista da documentación presentada polo promotor, informou de que esta cumpre cos requisitos regulamentarios para acordar como favorable a continuación dos trámites previstos na Lei 8/2009 para a autorización administrativa.

Décimo. O 16.4.2013 a Xefatura Territorial de Pontevedra emitiu informe sobre as alegacións presentadas durante a información pública.

Décimo primeiro. Con data do 5.6.2014, o promotor solicitou á Dirección Xeral de Enerxía e Minas unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, no desprazamento de cinco dos oito aeroxeradores, así como da poligonal do parque eólico.

Décimo segundo. Mediante Resolución do 7 de outubro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou as modificacións do proxecto do parque eólico solicitadas polo promotor.

Décimo terceiro. O 13.3.2015 o promotor presentou a Adenda do proxecto básico de execución do parque eólico Monte Arca na cal se recollen as modificacións mencionadas no punto décimo segundo.

Décimo cuarto. O 3.6.2015 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 10 de xullo de 2015 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Décimo quinto. O 7.9.2015 o promotor presentou o documento Memoria explicativa da evacuación de enerxía do parque eólico Monte Arca (A Estrada) e fases de execución do parque, no cal se describen as dúas fases en que se dividirá a execución do parque eólico como consecuencia das restricións na capacidade de evacuación, o cal xustifica achegando escrito de Unión Fenosa Distribución, S.A. en que lle concede punto de conexión na subestación da Estrada para 10 MW.

Décimo sexto. O 25.9.2015 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe sobre a Adenda do proxecto básico de execución do parque eólico Monte Arca.

Décimo sétimo. O 28.9.2015, unha vez completados os trámites necesarios, o promotor solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da 1ª fase do parque eólico.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro, en relación co establecido no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 38.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con respecto ás alegacións presentadas durante o período de información pública, visto o contido destas e a resposta do promotor, exponse o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, considérase que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 3.6.2015.

2. As alegacións relacionadas coa titularidade dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico, así como coas súas características, serán consideradas no momento de resolver sobre a declaración de utilidade pública do proxecto. Non obstante, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas.

3. Do mesmo xeito, as consideracións efectuadas sobre a falta de xustificación da necesidade dun proceso de utilidade pública serán abordadas na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión. Así mesmo, en relación coa falta de negociación coas persoas afectadas, o promotor comunicou que se estaba a poñer en contacto cos alegantes para os efectos de comprobar a titularidade dos bens e dereitos afectados e proceder, en caso de conformidade, a negociar un acordo de servidume ou dereito de superficie, en función da afección, que permita o recoñecemento dos seus dereitos e o desenvolvemento do proxecto.

4. No que se refire á alegación presentada pola Sociedade Cooperativa Galega Monte Cabalar, o promotor efectuou as seguintes consideracións:

• Que se buscará de maneira prioritaria o acordo cos propietarios, como xa se lle transmitiu a representantes da sociedade cooperativa nunha reunión mantida durante a etapa de participación pública.

• Que, despois de revisar as normas técnicas de produción agraria ecolóxica do Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), non se detecta incompatibilidade co novo uso do solo que o parque eólico suporá no territorio.

• No que respecta ao valor de mercado do solo, o promotor establecerá, sempre que sexa posible, os acordos individuais con cada propietario que compensen pola nova actividade tendo en conta o tipo de ocupación e/ou servidume que lles afecte e a actividade e usos reais presentes na actualidade.

• Sobre a posible perda de axudas e subvencións para a explotación forestal, tratarase de forma individual ou colectiva, en caso de ser necesario, co fin de manter unha convivencia cordial e cooperativa entre os actuais usuarios e propietarios do solo e o promotor eólico.

• Con respecto á distancia mínima a vivendas habitadas, esta é en todo caso superior aos 500 m.

Cuarto. En vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra a que fai referencia o antecedente de feito cuarto, non procede abrir o trámite de compatibilidade establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar as instalacións da primeira fase do parque eólico Monte Arca, situado no concello da Estrada (Pontevedra) e promovido pola sociedade Vento Continuo Galego, S.L., cunha potencia de 9 MW.

Segundo. Aprobar a primeira fase do proxecto de execución do parque eólico, composto polos seguintes documentos:

– Proxecto básico de execución do parque eólico Monte Arca asinado polo enxeñeiro industrial Juan Antonio Carrasco Puerto, colexiado nº 16612 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, e visado polo dito Colexio o 3.6.2011.

– Adenda do proxecto básico de execución do parque eólico Monte Arca (A Estrada), asinada polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Freire Bermúdez, colexiado nº 2564 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, e visada polo dito colexio o 10.3.2015.

– Memoria explicativa da evacuación de enerxía do parque eólico Monte Arca (A Estrada) e fases de execución do parque, asinada polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Freire Bermúdez, colexiado nº 2564 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña.

As características principais desta primeira fase, recollidas nestes documentos son as seguintes:

Solicitante: Vento Continuo Galego, S.L.

Domicilio social: estrada Fuencarral-Alcobendas, 44, edificio 4A, 2º andar, oficina 20; 28108 Alcobendas (Madrid).

Municipio afectado: A Estrada.

Situación (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal:

X-UTM

Y-UTM

1

541.660,29

4.722.164,97

2

542.995,76

4.721.862,32

3

542.999,86

4.720.871,90

4

541.216,67

4.720.000,79

5

540.840,36

4.720.000,10

6

540.355,31

4.720.007,78

As coordenadas dos aeroxeradores son:

Nº aeroxerador

X-UTM

Y-UTM

1

542.138

4.721.851

2

542.291

4.721.591

5

541.479

4.721.099

Características técnicas do parque eólico:

• 3 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total instalada da primeira fase: 9 MW.

• Produción neta anual estimada: 25.314 MWh/ano.

• Orzamento: 7.538.888,58 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 3 transformadores de 3.350 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,65/20 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV.

• Subestación transformadora equipada con transformador de 30 MVA, relación de transformación 20/132 kV, aparellos de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

A autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Vento Continuo Galego, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 150.777,77 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Vento Continuo Galego, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, con base na proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para a totalidade do parque eólico, en 56.542 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, cun orzamento de 7.538.888,58 euros, así como co establecido declaración de impacto ambiental.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Vento Continuo Galego, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de oito meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 3.6.2015 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

9. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas