Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 40 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais na parcela Z-11, sector 10, Parque Ofimático, na Coruña (expediente C-2015/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 40 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais na parcela Z-11, sector 10 - Parque Ofimático, na Coruña.

b) Prazo de execución: 4 anos e 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento cincuenta e nove mil novecentos oito euros con dous céntimos (159.908,02 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): trinta e tres mil cincocentos oitenta euros con sesenta e nove céntimos (33.580,69 €).

c) Importe total: cento noventa e tres mil catrocentos oitenta e oito euros con setenta e un céntimos (193.488,71 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas polos que se deberá rexer a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

• http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=23632.

– Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a 7 días contado desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego de la Vivenda e Solo, na data que será anunciada, con tres días hábiles de anticipación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo