Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 29 de outubro de 2015 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na resolución do recurso de reposición do expediente 15/2008/800391.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de reposición, quen poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 15/2008/800391.

Interesado: José Ángel Sanjurjo Espiño.

NIF: ****4678K.

Acto de notificación: resolución do recurso de reposición.

Último enderezo coñecido: Acivreira, 2, Cumbraos, 15312 Sobrado, A Coruña.