En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do programa de axudas ao alugamento Plan estatal 2013-2016.
Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se considerará que desisten da súa petición, logo da resolución de arquivamento.
A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 4 de novembro de 2015
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
DNI/NIE |
Enderezo |
CP |
Concello |
201532ALUG00931N |
Mª José Conde Araújo |
34919876B |
Rúa Progreso, nº 16, 6º A |
32005 |
Ourense |