Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (194/2015).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 194/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Rodríguez Rouco contra José Manuel Abuín Vázquez e Construcciones Alesanjo, S.C. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por José Luis Rodríguez Rouco, representado polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra José Manuel Abuín Vázquez e Construcciones Alesanjo, S.C., ningún dos cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento verbal producido con data de efectos 23 de xaneiro de 2015.

Condeno solidariamente as empresas demandadas a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución, opten, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 23 de xaneiro de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 45,95 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 379,09 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que será resolto pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a José Manuel Abuín Vázquez e Construcciones Alesanjo, S.C., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 29 de outubro de 2015

A secretaria xudicial