Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 258/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 258/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Pardo Verde contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o vinte e nove de outubro de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Único. José Carlos Pardo Verde presentou escrito solicitando a execución de sentenza nº 283/15 ditada no DSP 1016/14 fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza nº 283/15 ditada no DSP 1016/14 concorren os orzamentos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade ao disposto no art. 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 35.031,78 euros (23.460,78 euros de indemnización + 11.571 euros de diferenzas salariais) e de 3.503,17 euros en concepto provisional de intereses de demora e costas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as costas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o interese legal a aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído, no caso de execución monetaria, o aboamento dos intereses procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituída ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as costas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 283/15 ditada no DSP 1016/14 a favor da parte executante, José Carlos Pardo Verde, fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 35.031,78 euros (23.460,78 euros de indemnización + 11.571 euros de diferenzas salariais) e de 3.503,17 euros en concepto de principal, máis outros euros que se fixan provisionalmente en concepto de intereses que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e nove de outubro de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste órgano xudicial séguese o procedemento execución de títulos xudiciais 258/2015 por instancia de José Carlos Pardo Verde fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, despachándose execución por un importe de 35.031,78 euros (23.460,78 euros de indemnización + 11.571 euros de diferenzas salariais) e de 3.503,17 euros de intereses orzamentados.

Segundo. Tamén neste órgano xudicial se despachou execución fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial nos procedementos ETX 240/15.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co artigo 37.1 da LPL, cando as accións exercitadas tendan a obter a entrega dunha cantidade de diñeiro e existan indicios de que os bens do debedor ou debedores puidesen ser insuficientes para satisfacer a totalidade dos créditos que se executan, deberá acordarse a acumulación de execucións, de oficio ou a instancia de parte, de seguirse ante un mesmo xulgado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución á execución seguida neste órgano xudicial co número ETX 240/15.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

A secretaria xudicial