Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (321/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 321/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Vázquez Rodríguez contra Cefo Vial, S.L., Cefo Vial Formación, S.L. e o Fogasa, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo parcialmente a demanda presentada por César Vázquez Rodríguez, representado pola letrada Sra. Souto Neira, contra Cefo Vial, S.L. e Cefo Vial Formación, S.L., ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Absolvo a Cefo Vial Formación, S.L. de todos os pedimentos deducidos na súa contra.

– Declaro extinguido o contrato de traballo que vinculaba o demandante con Cefo Vial, S.L. con efectos desde a data da presente resolución.

– Condeno a Cefo Vial, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 9.606,68 euros, en concepto de indemnización pola extinción causal do contrato por vontade do traballador fundada en incumprimento empresarial.

– Condeno a Cefo Vial, S.L. a aboar ao demandante, en concepto de retribucións pactadas insatisfeitas, a cantidade de 3.256,20 euros, que devindicará o xuro moratorio do 10 %, atendida a súa natureza salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Cefo Vial, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 23 de outubro de 2015

O secretario xudicial