Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43780

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (897/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 897/2014-EV.A

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1338/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Obras Lagoa, S.L.N.E., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: letrado Seguridade Social/DOGA (empresa), Mª José Martínez Fariza

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 897/2014- EV-A desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Obras Lagoa, S.L.N.E., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución: «Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en xuízo instado pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Obras Lagoa, S.L.N.E. e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++). Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Obras Lagoa, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza