Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43782

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (201/2015).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, por medio deste edicto fai constar que neste procedemento, seguido por instancia de Diseño Norte de España, S.A. fronte a Eraimiam, S.L. e Judit Novellas Julia, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil Ourense.

Xuízo verbal 201/2015 mercantil.

Sentenza:

Ourense, 22 de xuño de 2015.

Eu, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil, de Ourense, vin os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 201/2015, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, a entidade Diseño Norte de España, S.A., representada pola procuradora Uxía Ríos Tesouro e asistida de letrada, e doutra, como parte demandada, Judit Novellas Julia e a entidade Eraimiam, S.L., en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Uxía Ríos Tesouro, en nome e representación da entidade Diseño Norte de España, S.A. contra Judit Novellas Julia, administradora única da sociedade Eraimiam, S.L., debo condenar e condeno a Judit Novellas Julia a lle aboar á parte demandante a cantidade de 4.047,17 euros, máis os xuros que correspondan desde a presentación da demanda e ata a completa satisfacción da débeda, con expresa imposición das custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días desde a súa notificación neste xulgado ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, e quede testemuño desta nos autos.

Así o acordo, mando e asino.

Eva María Martínez Gallego

Maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense».

E como a dita demandada, a entidade Eraimiam S.L., se encontra en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación a esta de forma legal.

Ourense, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial