Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/100-1).

Número de expediente: IN407A 2014/100-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1, cambio de sección LMTS EIR-723.

Concello: A Coruña.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,401 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EIR-723, no tramo entre o CT Ángela B. de Soto (expediente 54/96) e o CT Antonio Ríos (expediente 19/94) en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 Al, e final en cela de liña existente no CT La Merced (expediente 26835), despois de realizar entrada e saída nos CC.TT Antonio Ríos, nº 1 (expediente 19/94) e La Merced, nº 74 (expediente 01/02).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña