Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2015/192-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT ROS806 derivada ao CT Viladesuso.

Situación: Oia.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 446 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 108 existente C-16/3000 da LMT ROS806, no tramo entre a derivada aos CCTT O Serrallo e O Serrallo 2 e a derivada ao CT Viladesuso-Porto, e final no CT Viladesuso. A instalación está situada en Viladesuso, Oia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra