De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 29 de outubro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
Josefa García Villar |
IN635A 2015/212-1 |
Alegacións |
A Coruña |
Jesús Guillermo Formoso Fuentes |
IN635A 2015/228-1 |
Resolución |
Muros |
Patón Montajes Eléctricos |
IN635A 2015/240-1 |
Resolución |
Fene |
Dolores Valiño Seoane |
IN635A 2015/281-1 |
Alegacións |
A Coruña |
Manuel Garrido Parajo |
IN635B 2014/29-1 |
Recurso de alzada |
Padrón |