Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de outubro de 2015 pola que se notifica a proposta de resolución e a resolución de ampliación do prazo para resolver do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/137/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O 22 de setembro de 2015, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución, e o 7 de outubro de 2015, o director ditou resolución de ampliación de prazo para resolver, no expediente sancionador e de reposición da legalidade número POL/137/2014, pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Camiño de Urxeira-Chancelas, Urbanización Mar Tambo, termo municipal de Poio (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución e da resolución de ampliación de prazo para resolver a Florencio Cruz Barreiro, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle ao interesado as ditas resolucións por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro das resolucións que se lle notifican están ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

En relación coa proposta de resolución, o interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

En relación coa resolución de ampliación de prazo para resolver, non caberá recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística