Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de retirada do viveiro ilegal Barros, sito na cuadrícula número 15 do polígono Cambados E.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A Resolución do 10 de setembro de 2015 foi ditada pola conselleira do Medio Rural e do Mar.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar en Vigo situada na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación no BOE.

Vigo, 22 de outubro de 2015

P.D. (Resolución do 26.5.2014)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo

ANEXO

Expediente de retirada do viveiro ilegal Barros, sito na cuadrícula nº 15 do polígono Cambados E.

Interesados: Roberto Leiro Santos (35442541R) e Mª Teresa Señoráns Cores (35446046X).

Enderezo: rúa Marxíada nº 23, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Acto notificado: Resolución do 10 de setembro de 2015, da Consellería do Medio Rural e do Mar, sobre retirada de viveiro ilegal denominado Barros, sito na cuadrícula nº 15 do polígono Cambados E.