Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2015/51-2, 8245 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: subestación de Magazos 132/20 kV. Renovación do parque de 20 kV e reforma do sistema de control 132/20 kV.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

Fase 1: implantación do novo sistema de 20 kV consistente en:

– Reforma da actual sala de reparación de transformadores, que pasara a ser a nova sala de celas.

– Montaxe do novo sistema de 20 kV formado por 18 celas blindadas en SF6 en configuración en simple barra.

– As celas que compoñen o novo sistema de 20 kV son:

Dúas posicións de transformador.

Once posicións de liña.

Unha posición de servizos auxiliares.

Dúas posicións de medida de barras.

Unha posición de partición de barras

Unha posición de remonte de barras.

– Montaxe dun novo transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia.

Fase 2: conexión do novo sistema de 20 kV consistente en:

– Ampliación da actual canalización de saída de liñas.

– Realización de novas canalizacions de media tensión.

– Realización das novas canalizacións para os cables de media tensión de unión dos trafos 1 e 2 coas súas celas de 20 kV.

– Tendido de novos cables de media tensión.

– Ampliación dos tramos de cable de media tensión ata as novas celas.

– Conexión unha a unha das novas posicións.

– Desmontaxe do sistema antigo de celas de 20 kV.

Fase 3: renovación do sistema de control 132 kV consistente en:

– Reforma da antiga sala de 20 kV, que se dedicará a nova sala de control.

– Montaxe dos novos armarios de control.

– Reforma do sistema de control e forza.

– Desmontaxe dos armarios de control, protección, medida, distribución de CA e CC que quedan fóra de servizo.

– Desmontaxe dos armarios do telemando que quedan fóra de servizo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo