Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2015/96-2, 8289 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Carronza, S.L.

Domicilio social: Berselos, nº 2.

Denominación: LMT aéreo-soterrada e CT de 630 kVA para centro de biomasa e produción de pellets.

Situación: concello de Baralla.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 45-8 da liña CGR-806 pertencente a Unión Fenosa Distribución e final no apoio proxectado nº 4, cunha lonxitude de 198 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio nº 4 proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo RHZ1-95 mm.

3. Centro de transformación en edificio prefabricado cunha potencia de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 4 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo