Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2015/55-2, 8249 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: adecuación LMT, DC BEC803+BEC804.

Situación: concello de Becerreá.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV en dobre circuíto, con orixe no apoio proxectado nº T11 tipo C-18/9000 e final no apoio existente nº T13 tipo Prethor 14-3A, cunha lonxitude de 167 metros en condutor tipo LA-110.

2. LMT aérea a 20 kV en simple circuíto, con orixe no apoio proxectado nº T11 tipo C-18/9000 e final no apoio existente nº T13 tipo Prethor 14-3A, cunha lonxitude de 167 metros en condutor tipo LA-110.

3. LMT aérea a 20 kV en dobre circuíto, con orixe no apoio existente nº T8 tipo Prethor e final no apoio proxectado nº T9 tipo C-18/9000, cunha lonxitude de 146 metros en condutor tipo LA-110.

4. LMT aérea a 20 kV en simpre circuíto, con orixe no apoio existente nº T8 tipo Prethor e final no apoio proxectado nº T9 tipo C-18/9000, cunha lonxitude de 146 metros en condutor tipo LA-110.

5. LMT soterrada baixo tubo a 20 kV en triple circuíto, con orixe no apoio proxectado nº T9 tipo C-18/9000 e final no apoio proxectado nº T11 tipo C-18/9000, cunha lonxitude de 160 metros en condutor tipo RHZ1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo