Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43250

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (1142/2013).

Ord. procedemento ordinario 1142/2013

Sobre outras materias

Demandante: Vanesa López Busto

Procuradora: Ana María Fernández Santos

Avogado: Manuel Tejeda Lorenzo

Demandado: José Álvarez Díaz

Eu, María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Vanesa López Busto contra José Álvarez Díaz, foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza 162/2015.

Xuíza que a dita: Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: 30 de xuño de 2015.

Demandante: Vanesa López Busto.

Avogado: Manuel Tejeda Lorenzo.

Procurador: Ana María Fernández Santos.

Demandado: José Álvarez Díaz.

Procedemento: ordinario 1142/2013.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de xuízo ordinario número 1142/2013-E, seguidos por instancia de Vanesa López Busto, representada pola procuradora Ana María Fernández Santos, baixo a dirección letrada do Sr. Manuel Tejada Lorenzo; contra José Álvarez Díaz, en situación de rebeldía procesual

Decido:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Vanesa López Busto, representada pola procuradora Ana María Fernández Santos, baixo a dirección letrada de Manuel Tejada Lorenzo, contra José Álvarez Díaz, en situación de rebeldía procesual, e realízanse os seguintes pronunciamentos:

Acordo a extinción do condominio respecto dos bens descritos no feito segundo e terceiro da demanda e sobre a base do cal procederá a liquidarse a comunidade, e de conformidade coa petición da súplica:

1) Adxudícase o 100 % da propiedade dos bens descritos nos feitos segundo e terceiro da demanda reitora da litis á demandante, Vanesa López Busto, os cales deberán ser taxados en trámite de execución de sentenza conforme o prezo de mercado, quedando a demandante subrogada na totalidade do saldo debedor dos préstamos hipotecarios e dos préstamos persoais descritos no punto 2º da súplica correspondentes ás entidades Caixa Galicia, actualmente Abanca, e da entidade BBVA, descritos no feito cuarto da demanda, con indemnización ao demandado no 50 % do prezo de taxación co desconto dos importes dos saldos dos préstamos hipotecarios e persoais referidos á data de xuño de 2015; e debendo satisfacer ambos os litigantes por metade, os gastos notariais, rexistrais e bancarios que poidan derivar do cambio de titularidade; para o caso de que o prezo de taxación dos bens sexa inferior ao importe do saldo dos préstamos descritos na demanda, establécese a obriga do demandado de aboar o 50 % da diferenza resultante.

2) Condénase o demandado a aboar á demandante por conta do préstamo persoal de María Olga López Busto, do 11 de marzo de 2005, para a adquisición da vivenda, a cantidade de 1.500 euros, cantidade que será descontada da indemnización que este percibirá como consecuencia da disolución da comunidade e adxudicación acordada.

3) Condénase o demandado a aboar á demandante como dereito de reembolso desta as cantidades acollidas nos fundamentos de dereito terceiros na cantidade na data de sentenza de 20.344,51 euros, que se descontarán da indemnización que, se for o caso, perciba o demandado como consecuencia da disolución e adxudicación acordada. As cantidades que por estes conceptos sigan percibíndose a partir da presente sentenza serán á conta da parte demandante, a quen lle foron adxudicados os bens, tendo en conta que xa se matizou que o desconto dos importes dos saldos dos préstamos hipotecarios e persoais virán referidos ao mes de xuño de 2015.

Con desestimación do resto de pedimentos.

Non ten lugar a imposición de custas.

Expídase testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese esta ás partes e ao Ministerio Fiscal, coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Ilustrísima Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, José Álvarez Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Dou fe.

Lugo, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial