Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43243

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 9 de novembro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril), modificada pola Orde do 24 de xullo de 2015 (DOG núm. 144, do 31 de xullo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se tiveren a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obteren o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

M. Carmen Prieto Ramos
Presidenta do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade de arquivos

Quenda de promoción interna:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

33305989 B

Cascudo Rasilla, Alfonso C.

12,68

14,39

11,50

Exento

38,57

Quenda de acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

44810837 Y

Rodríguez-Segade Vázquez, Ana

11,82

10,79

10

Exenta

32,61