Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43241

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de novembro de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarias do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Resolución do 6 de outubro de 2015 (DOG núm. 196, do 14 de outubro), o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 96, do 21 de maio) fixo pública a relación de aspirantes que o superaron.

Unha vez examinada a documentación presentada polas referidas aspirantes segundo o previsto na base IV.2 da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear funcionarias do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, as aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran nel.

Para adquirir a condición de funcionarias, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Subg.

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación

Nieto Grande, Paula

77406306J

PRV300000015770012

PR

Letrado/a

A1

28

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Asesoría Xurídica Xeral

Santiago de Compostela

Lic. Dereito

Álvarez Caramés, Isabel

44841323V

PRV391000032001002

PR

Letrado/a

A1

28

Gabinetes xurídicos - Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Gabinete territorial de Ourense

Ourense

Lic. Dereito

Pereira de la Riera, Josefina

32701198M

SAS994000127001002

SA

Letrado/a

A1

28

Servizos periféricos - Servizo Galego de Saúde

Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Lugo) - Asesoría Xurídica

Lugo

Lic. Dereito