Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43239

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015 pola que se inscribe a asociación Amigos de los Caminos de Santiago a Caballo Equum Peregrinans no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A asociación Amigos de los Caminos de Santiago a Caballo Equum Peregrinans presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 26 de outubro de 2015.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi presentada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto, regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 28 de outubro de 2015 sobre a solicitude no cal se constata que a asociación Amigos de los Caminos de Santiago a Caballo Equum Peregrinans persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a asociación Amigos de los Caminos de Santiago a Caballo Equum Peregrinans quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 209.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012, DOG núm. 27, do 8 de febreiro)
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura