Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (648/2015).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Jesús Lodeiro Bello contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Sumtec, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 648/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19.1.2016, ás 12.00 horas, na planta 1 -sala 2- Edificio dos Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación, e ás 12.05 horas, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Puertas Blindex, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

A secretaria xudicial