Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43071

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (736/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 736/2014 deste Xulgado Social número 1 da Coruña, se ditou resolución o 16 de setembro de 2015 dirixida a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, que pode interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que, no devandito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2015

A secretaria xudicial