Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43065

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (101/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de exequátur, seguidos ante este xulgado entre partes, como demandante Roberto Marti Blanco, representado pola procuradora Sra. Rodríguez González e defendido pola letrada Rosa María Martínez Castro, e como demandada Naiara Ribero da Silva, e nos cales se ditou o seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: María del Carmen Salvador Mateos.

Vigo, 14 de xullo de 2015.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur, presentada pola procuradora Purificación Rodríguez González, en nome e representación de Roberto Marti Blanco, fronte a Naiara Ribeiro da Silva, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza ditada o 24 de febreiro de 2009 polo Tribunal Civil de Basilea, cidade suíza, que declara o divorcio.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

E encontrándose a devandita demandada, Naiara Ribeiro da Silva, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial