Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43064

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (97/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 108/2015

En Santiago de Compostela o 14 de setembro de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 97/2015, seguidos por instancia de Juan M. Fuentes Estévez, sen representación nin defensa, contra Luis M. Iglesias Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Resolución

Estímase a demanda presentada por Juan M. Fuentes Estévez e condénase o demandado Luis M. Iglesias Fernández a pagar ao demandante a cantidade de mil euros (1.000 €) máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas, se as houber.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Manuel Iglesias Fernández, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

O/a secretario/a xudicial