Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (144/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 144/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Mougán Valdés contra a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, Eulen Seguridad, S.A., Falcon Mantenimiento y Control, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Fallo tense a Mario Mougán Valdés por desistido da demanda que deu orixe ao presente procedemento fronte a Eulen Seguridad, S.A. e decrétase o sobresemento e arquivamento do procedemento fronte á dita demandada.

Estimo parcialmente a demanda interposta por Mario Mougán Valdés contra Falcon Contratas y Seguridad, S.A. e Falcon Mantenimiento y Control, S.A. e, en consecuencia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado por Falcon Contratas y Seguridad, S.A., con data de efectos o 10 de xaneiro de 2015, e debo condenar e condeno a Falcon Contratas y Seguridad, S.A. a readmitir inmediatamente o traballador demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a de notificación desta sentenza a razón de 65,13 euros diarios, ou ben, á súa elección, a extinguir a relación laboral do demandante con aboamento dunha indemnización de 36.552,14 euros por despedimento improcedente.

A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo absolver e absolvo a Falcon Mantenimiento y Control, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A. e a Falcon Mantenimiento y Control, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

A secretaria xudicial