Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de compostela, fago sabe que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 38/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo M. Santiago Santos contra Grupo Cetssa Seguridad, S.A., ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Ricardo M. Santiago Santos da súa demanda fronte a Sequor Seguridad, S.A., Grupo Cetssa Seguridad, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Cetssa Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

A secretaria xudicial