Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Samos (expediente IN407A 2013/6-2, 8089 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Santalla de Abaixo, Santalla de Arriba e o seu anexo.

Situación: concello de Samos.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aeréa a 20 kV con orixe no apoio existente nº D64-69 situado entre os CT existentes Telefónica Castro de Moura (27PH53) e Vilela (27C869) e final no CT intemperie proxectado Santalla de Abaixo, cunha lonxitude de 2.210 metros, en condutor LA-56.

2. Liña de media tensión aeréa a 20 kV con orixe no apoio nº 11 da LMTA proxectada no punto anterior e final no CT intemperie proxectado Santalla de Arriba, cunha lonxitude de 61 metros, en condutor LA-56.

3. CTI Santalla de Abaixo, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. CTI Santalla de Arriba, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

5. Autotransformador elevador no lugar de Santalla de Abaixo, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 400/230 V-960 V.

6. Transformador redutor no lugar de Gamiz, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 960 V-400/230 V.

7. Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI de Santalla de Abaixo, pasa polo autotransformador elevador de Santalla de Abaixo, e polo transformador redutor de Gamiz, cunha lonxitude de 298 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios de formigón e de madeira.

8. Rede soterrada de baixa tensión do CTI de Santalla de Abaixo, con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre apoio de formigón, cunha lonxitude de 322 metros en condutor tipo XZ1.

9. Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI de Santalla de Arriba, cunha lonxitude de 134 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios de formigón.

Durante o trámite de información pública Imelda Vergara Vilariño e José Antonio García Jurjo presentaron alegacións, contestadas pola empresa o 28 de maio de 2013.

Con data do 13 de xullo de 2015 a empresa beneficiaria presenta o anexo nº 1 ao proxecto.

As alegacións presentadas non impiden continuar o procedemento ao quedar desvirtuadas pola contestación da empresa beneficiaria e pola presentación do anexo nº 1, para o soterramento da rede de baixa tensión desde o CTI de Santalla de Abaixo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do Decreto 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro) polos que se establece a estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e anexo nº 1 e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 20 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo