Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/75-2, 8269 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio Social: Parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, 27003 Lugo.

Denominación: adecuación CT Casanova (11255) para atención á nova demanda en Noche.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no seccionador situado en apoio metálico existente e final no CT pé de poste Casanova, cunha lonxitude de 14 metros en condutor RHZ1-240 mm.

2. Centro de transformación prefabricado Casanova, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada con orixe no CT Casanova e final na rede de baixa tensión existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) ,do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, de 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do Decreto 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), polos que se establece a estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 20 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo