Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Área de Cultura): Museo de Belas Artes da Coruña, as dúas sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, Biblioteca pública Miguel González Garcés na Coruña e Biblioteca pública Ánxel Casal en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: máximo de doce (12) meses, con posibilidade dunha prórroga por un período de doce (12) meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-8.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 294.388,43 €.

IVE (21 %): 61.821,57 €.

Importe total: 356.210,00 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2016: 356.210,00 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23605

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación requirida: grupo U, subgrupo 1, categoría B. Deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.j do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas: ata as 19.00 horas do 9 de decembro de 2015.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es .

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de outubro de 2015.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria