Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42707

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2924/2015 PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2924/2015 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 38/2015 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Fogasa

Avogado: Avogacía do Estado Fogasa, A Coruña

Recorridos: Juan Carlos García Rey e Pescados Juan Fernández, S.L.

Avogada: Dolores Gude Sampedro

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2924/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra a empresa Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo Fogasa contra a sentenza ditada o 25.3.2015 polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela en autos nº 38/2015 sobre despedimento obxectivo, seguidos por instancia de Juan Carlos García Rey e contra o recorrente e a codemandada Pescados Juan Fernández, S.L. en concurso, e o seu administrador concursal Diego Comendador Alonso, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións» ou «Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no mazo que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza