Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2015/182-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: LMT CII804 al CT Vilariño (36CK97).

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ, en dous tramos:

• 257 metros; orixe: paso aerosubterráneo no apoio proxectado nº 1 CH-2500-11-P; final: punto de acceso (P.A.) sobre canalización existente nº 4.

• 484 metros; orixe: P.A. proxectado sobre canalización existente nº 5; final: CT existente Vilariño.

Adecuación das celas do centro de transformación existente Vilariño 36CK97 (250 kVA). Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado nº 1 CH-2500-11-P.

A instalación está situada na zona de Hío, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra