Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (75/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 75/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminio, S.L., Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a sentenza número 309 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos número 75/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre incapacidade permanente, por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas, asistido pola letrada Alicia Muíños Pose contra o INSS, TXSS, asistidos e representados pola letrada da Administración da Seguridade Social, Fuencisla Suárez Berea, contra Fremap, asistida e representada pola letrada Ángeles Gómez Lage, contra Mutual Midat Cyclops, asistida e representada pola letrada Blanca Fernández Dopeso, contra Semar Aluminio, S.L., que non comparece, e Obras y Viales de Galicia, que comparece asistida polo letrado José Roibas Vázquez e representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, ditou esta sentenza.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Juan Manuel Rodríguez Lamas contra o INSS, TXSS, Fremap, Mutual Midat Cyclops, Semar Aluminio, S.L. e Obras y Viales de Galicia, S.L. e, en consecuencia, absolvo as demandadas dos pedimentos contidos en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

A secretaria xudicial