Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42310

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de outubro de 2015 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 15 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

A Orde do 15 de maio de 2015 (DOG do 27 de maio) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.

Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola comisión de selección, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2015, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Mod.

Proxecto

Autores

Centro educativo

Premio

Importe

A

Granxa Intelixente

Pablo Álvarez Calvo

Adrián Firmés Fernández

Martín Rego Gerpe

Xurxo Pérez Danta

IES Politécnico de Vigo

3.000 €

A

Inercia 2.0 S.L.

Adrián Costas Lorenzo

Pablo Miguel Sobrino Blanco

IES 12 de Outubro

CIFP A Farixa

2.000 €

A

Eternal 2.0. Un recordo para toda a vida

Serxio Ith Arias Barros

Wendy Carolina Rivera Oropeza

IES San Clemente

1.000 €

B

Ecosalón, a beleza consciente

Elisabet Maceira Cabaleiro

Alicia Mouzo Martíns

Saskia Fungueiriño Mariño

CIFP Someso

3.000 €

B

Bai Aventura

David Fontán Rodríguez

Marcos Gesteiro Reyes

IES Terra de Turonio

2.000 €