Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (253/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 253/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Enrique Vicente Arcos, contra Ponte Paz, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza número 307, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o 29 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 253/2014 promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Enrique Vicente Arcos, asistido pola letrada Ángeles Cancela Regueiro, contra Ponte Paz, S.L., que non comparece, sendo citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(...)

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Enrique Vicente Arcos contra Ponte Paz, S.L. e, en consecuencia, condeno á empresa a aboar ao demandante 7.241,52 euros, dos cales 7.012,24 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e 229,28 euros, os xuros dos artigos 1100 e seguintes do Código civil.

Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

A secretaria xudicial