Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (297/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 297/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Fernández Puente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Ibermutuamur e Car Tres Motor, S.A.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza número 305, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, unha vez vistos os presentes autos número 297/2013, promovidos ante este xulgado do Social sobre seguridade social-revisión de incapacidade permanente, por instancia de María del Carmen Vidal, Andrea Fernández Vidal e Francisco Fernández Vidal como sucesores do demandante falecido José Francisco Fernández Puente, asistido e representado polo letrado Juan José Otero Lourido, contra o INSS, asistido e representado pola letrada da Administración da seguridade social Ana María Pardo Costas, contra Ibermutuamur, asistida e representada pola letrada Carmen Ojales Mariño, contra Car Tres Motor, S.A.L., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolución:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e, en consecuencia, declaro o dereito de María del Carmen Vidal Botana, Andrea Fernández Vidal e Francisco Fernández Vidal a percibir, na súa condición de sucesores de José Francisco Fernández Puente, o complemento de grande invalidez da prestación de incapacidade permanente absoluta que tiña recoñecida o Sr. Fernández Puente, por importe de 607,28 euros mensuais, con efectos desde o 19 de xaneiro de 2013 ata o 26 de abril de 2013, con condena ás demandadas a se ater a esta resolución e ao seu aboamento na medida das súas responsabilidades, correspondendo á mutua o aboamento do 55 % e ao INSS do 45 %.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibermutuamur, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

A secretaria xudicial