Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (464/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 464/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Vilaseco Fernández, contra Lopher Build, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza número 308, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 464/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Mercedes Vilaseco Fernández, asistida e representada pola graduada social Matilde Mallo Nieves, contra Lopher Build, S.L., que non comparece, e citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María Mercedes Vilaseco Fernández contra Lopher Build, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Lopher Build, S.L. a aboar á demandante 690,7 euros, dos cales 654,58 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lopher Build, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

A secretaria xudicial