Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria documentalmente simplificada, da subministración de doce lotes de accesorios para os terminais de radiocomunicación para o acceso aos servizos de rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia, por parte do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (70/15-I. Expediente 50/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de accesorios para os terminais de radiocomunicación, para o acceso aos servizos de rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia, por parte do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios.

c) División por lotes e número: si, doce (12).

Lote 1: 500 baterías de 1.880 mAh para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 2: 1.200 cargadores múltiples 1+1 para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 3: 25 cargadores múltiples 6+6 para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 4: 2 cargadores múltiples para 24 baterías para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 5: 100 cargadores rápidos para coche para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 6: 325 fundas de pel con sistema de suxeición para terminal Sepura STP9000 series.

Lote 7: 500 baterías de 2.150 mAH para terminal Motorola MTP3550.

Lote 8: 300 cargadores duais Tetra, para cargar radio e batería secuencialmente para terminal Motorola MTP3550.

Lote 9: 25 cargadores múltiples con 6 celas. Carga simultánea. Celas para baterías ion-litio 2.150 mAH para terminal Motorola MTP3550.

Lote 10: 2 cargadores múltiples iTM para 6 radios con cables de datos, bandexa cargador e soporte parede para terminal Motorola MTP3550.

Lote 11: 100 cargadores vehiculares para terminal Motorola MTP3550.

Lote 12: 325 fundas de pel dura con sistema de suxeición para terminal Motorola MTP3550.

d) Prazo de execución/entrega: quince (15) días, desde o día seguinte á sinatura do contrato (ou prazo inferior ofertado polo adxudicatario).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 31158000-8; 31400000-0; 31410000-3; 31411000-0; 31420000-6; 32500000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada.

Criterios de adxudicación: prezo e redución do prazo de entrega.

4. Orzamento de licitación.

Lotes 

Orzamento
sen IVE

IVE

Orzamento
con IVE

Lote 1

29.000,00

6.090,00

35.090,00

Lote 2

80.400,00

16.884,00

97.284,00

Lote 3

12.500,00

2.625,00

15.125,00

Lote 4

2.830,00

594,30

3.424,30

Lote 5

4.500,00

945,00

5.445,00

Lote 6

10.725,00

2.252,25

12.977,25

Lote 7

30.000,00

6.300,00

36.300,00

Lote 8

15.000,00

3.150,00

18.150,00

Lote 9

8.250,00

1.732,50

9.982,50

Lote 10

1.120,00

235,20

1.355,20

Lote 11

1.800,00

378,00

2.178,00

Lote 12

10.725,00

2.252,25

12.977,25

 

206.850,00

43.438,50

250.288,50

Valor estimado global do contrato: 206.850,00 €.

5. Financiamento: fondos Feader, nun 75 %. Medida 2.2.6.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J do prego de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: lote 1: 1.450,00 €; lote 2: 4.020,00 €; lote 3: 625,00 €; lote 4: 141,50 €; lote 5: 225,00 €; lote 6: 536,25 €; lote 7: 1.500,00 €; lote 8: 750,00 €; lote 9: 412,50 €; lote 10: 56,00 €; lote 11: 90,00 €; lote 12: 536,25 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 59 93 88 (consultas administrativas); 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23588

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do día 2 de decembro de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: o prazo de entrega ofertado polo licitador ten o carácter de obrigación contractual esencial para os efectos sinalados no artigo 223.f).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril.
Disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural