Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á xestión do servizo público de recollida, transporte e eliminación dos cadáveres de animais mortos nas explotacións gandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 8/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizo público.

b) Descrición do obxecto: prestación, por concesión administrativa do servizo público consistente na recollida, transporte e eliminación dos cadáveres de animais mortos nas explotacións gandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22915

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 126, do 7 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, con documentación simplificada.

4. Orzamento de licitación: tarifas máximas de 0,460 €/kg para animais bovinos e de 0,286 €/kg para animais do resto de especies.

Valor estimado: 114.132.750,00 €.

5. Financiamento: non supón gasto para a Administración.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 10 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L.

c) Importe: 0,437 €/kg para especies bovinas e 0,286 €/kg para o resto de especies.

d) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural